O Concello de Ribadavia dotará dunha nova traída a esta localidade

Os veciños terán baños gratuitos en Prexigueiro

Complexo termal de Prexigueiro, en Ribadavia. (Foto: MARCOS ATRIO)
O complexo termal de Prexigueiro ampliarase coa construcción de dúas puzas termais exteriores, no río Cerves, para uso e disfrute gratuito dos veciños desta localidade de Ribadavia. Iste foi un dos acordos acadados nunha xuntanza recente entre os representantes veciñais e municipais da Fundación Vila Termal de Prexigueiro e da empresa Ibernisha, responsable da explotación, aberta dende o mes de xullo de 2010.
'A empresa comprometeuse a facer esta obra, xa que está contemplada dentro do convenio de concesión das termas', suliñou o alcalde ribadaviense, Marcos Blanco. Así, os veciños, que xa dispoñen dun desconto dun 50% nas tarifas por bañarse nas puzas interiores do balneario, terán esta contraprestación pola cesión dos terreos de titularidade comunal e privada, ubicados na parroquia de Francelos.

Os directivos de Ibernisha tamén asumirán, por outra banda, os traballos de execución da segunda fase do complexo, consistente na instalación de seis bungalós, cada un deles dotado dunha bañeira termal do mesmo estilo cás oito existentes na actualidade no recinto. Un proxecto que espera a financiación correspondente, e que culminará cunha terceira e definitiva fase, a creación dun hotel cun mínimo de 20 prazas de aloxamento. Tamén o Concello solicitará da Confederacioón Hidrográfica del Miño-Sil a autorización pertinente para a acometida dunha nova rede de abastecimiento de auga ó pobo de Prexigueiro.

'O obxectivo é mellorar o vello suministro ás viviendas, que foi feito polos propios veciños', apunta Marcos Blanco. A captación levarase a cabo no mesmo río Cerves, e completarase coa construcción dunha estación potabilizadora, para a que os técnicos do Concello aínda non avaliaron o seu custe.


VISITANTES

O alcalde destacou a importancia das termas de Prexigueiro coma 'un dos motores da nosa industria turística', xunto coa 'Feira do Viño' e a 'Festa da Istoria', que se veñen celebrando nos meses de xullo e agosto, respectivamente. Ademais, o número de visitantes ó balneario de Prexigueiro, que dispón de cinco puzas de auga quente, dúas de fría e outra de chorro, foi de 28.000 persoas no seu primeiro ano de funcionamento. Entre elas, habitantes de todo o Estado e países de Europa coma Austria e Alemania, así como dos americanos de Brasil e Estados Unidos.

O rexedor ribadaviense confía en obter axudas económicas do programa europeo Leader ó traverso do GDR-9, grupo constituido nas comarcas de O Ribeiro e Carballiño para a promoción de infraestructuras orientadas cara o turismo de interior, coma é o caso das termas de Prexigueiro.

Te puede interesar