FORMACIÓN

Vinte alumnos participarán no obradoiro para fomento forestal no Ribeiro

Dun total de 64 xóvenes en situación de desemprego dos tres municipios, foron finalmente seleccionados 20, xa que os 44 restantes renunciaron ou non presentaron a documentación requerida

A comisión seleccionadora do obradoiro "Resinas do Avia-Miño", promovido polos concellos de Castrelo de Miño, Ribadavia e Carballeda de Avia, fixo público o listado de aspirantes ás prazas de alumnado, administración, personal docente e dirección deste proxecto que se poñerá en marcha o vindeiro mes de outubro. Dun total de 64 xóvenes en situación de desemprego dos tres municipios, foron finalmente seleccionados 20, xa que os 44 restantes renunciaron ou non presentaron a documentación requerida, e dos cales 13 son de Ribadavia, seis de Carballeda e un de Castrelo.

Este proxecto de formación laboral conta cun orzamento superior ós 150.000 euros e terá unha duración de seis meses,  centrándose no sector medioambiental e máis concretamente no eido do aproveitamento forestal, co obxectivo de rehabilitar aquelas zonas afectadas pola vaga de lumes do pasado ano. Entre as actividades, destaca a exploración de resinas nas plantacións de piñeiros e nos diferentes usos que poidan ter estes terreos e as súas posibilidades de negocio.

Te puede interesar