Un autobús trasladará de forma gratuita ás persoas ata Santo André, onde está o edificio valeiro

Visitas guiadas para pedir o remate do Museo do Viño

Rectoral de Santo André de Camporredondo (Foto: MARTIÑO PINAL)
O Museo Etnolóxico de Ribadavia e a propia Consellería de Cultura, que debe executar o proxecto museístico do viño, organizan visitas guiadas e gratuitas ó edificio que acollerá o futuro Museo Galego do Viño, situado na localidade de Santo André de Camporredondo; unha iniciativa que, precisamente, ten como finalidade reivindicar o remate das obras e apertura do museo.
Os interesados en ver o inmoble e escoitar a información que se lles facilitará sobre os contidos do novo museo, deberán apuntarse no mesmo museo ou na Oficina municipal de Turismo. O número de prazas estará limitado á capacidade do autobús que fará o recorrido dende Ribadavia.

Na iniciativa colaboran o Concello de Ribadavia e tamén a Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico, cuio presidente, Juan Bande, considera que estas visitas son unha boa forma de concienciar ás persoas sobre a necesidade de rematar canto antes este proxecto, tendo en conta que a rehabilitación do edificio e o plan de musealización están listos dende o 2009 pero sin executarse.

Deste xeito, o visitante descubrirá ademais do monumento clasicista (fináis do siglo XVIII), a historia de como os viños galegos conquistaron Europa durante gran parte dos últimos 1000 anos, sendo un viño de Galicia o viño oficial das principais monarquías europeas ata o século XVII, sendo tamén o primeiro viño que chegou a América, e como Galicia conta coa zona vitivinícola máis antiga da Península Ibérica con delimitación xeográfica protexida (actualmente Denominación de Orixe), apuntan os organizadores. Asemade, engaden que tan só resta que a Xunta de Galicia autorice a súa montaxe e apertura para que o público escomence a disfrutar dun espazo cultural de relevancia internacional.

O edificio fora cedido pola Diócese de Ourense á Xunta en 1997. Un obradoiro de emprego realizaba a súa rehabilitación entre 1988 e 1990. Posteriormente, a Consellería rehabilitaba o inmoble para a súa futura función museística. Entre o 2008 e 2009 licitouse e executouse a redacción do proxecto museográfico pola empresa E-Burbulla. Pero non se aplicou.

Te puede interesar