VITICULTURA - heladas

Os viticultores aprenden a facer a repoda das cepas trala xeada

<p></p>
photo_camera Os produtores vitivinícolas nos viñedos da Estación de Enoloxía de Galicia.

A Estación de Viticultura de Galicia deu asesoramento a setenta productores e adegeiros da comarca

Máis de 70 viticultores e adegueiros achegáronse onte á Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), en Leiro, co fin de asesorarse nos traballos de repoda levados a cabo nas vides do centro afectadas pola xeada. Os técnicos resolveron as dúbidas plantexadas por estes profesionais afectados polas inclemencias do tempo de finais de abril, para levar a cabo uns correctos traballos de recuperación das viñas. Así, puideron observar in situ a repoda das cepas co obxectivo de tentar salvagardar a vindeira produción da pranta.

Na localidade de Oímbra o exconselleiro de Agricultura da Xunta e responsable da Oficina de Extension Agraria de Verín, Castor Gago, ofreceu unha conferencia á que asistiron medio cento de viticultores e na que disertou sobre coidados paliativos nás viñas trala última xeada. A conferencia, promovida polo Concello, tivo lugar no centro social de Oímbra.

Na Ribeira Sacra tamén se reunían viticultores e alcaldes para pedir axudas diretas para a recuperación dos bancais, e créditos para empresas viticultores, entre outras demandas.

Proposta do PP

Por outra banda, o PP anunciou onte que levará ao pleno do Parlamento desta semana unha proposición non de lei que inclúe unha serie de medidas para paliar os efectos da xeada nos cultivos vitivinícolas. Entre elas, figura a petición para que as xeadas sexan declaradas "fenómenos climáticos adversos", o que suporía que as axudas sexan asumidas pola Unión Europea. O portavoz popular,Pedro Puy, tamén sinalou que a proposta do seu grupo inclúe outras medidas como a de impulsar unha rede de asesoramento aos produtores para a reposición e recuperación dos viñedos danados Os populares propoñen que os viticultores reciban moratorias sen intereses nos pagos á Seguridade Social, así como axilizar o acceso a créditos con interese cero para cubrir o 50% da produción e facilitar a contratación de seguros.

Liñas de colaboración entre Xunta e Ministerio

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, trasladou á reunión do Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios en Madrid a dobre problemática que está padecendo Galicia pola seca e as xeadas. O obxectivo é coordinar co Ministerio de Agricultura e Pesca a estratexia a seguir e, neste sentido, o Goberno central mostrouse sensible a esta situación e aberto a buscar liñas de colaboración.

 Ángeles Vázquez adiantou que ao longo desta semana está previsto un encontro entre Entidade Estatal de Seguros Agrarios, Agroseguro, técnicos da consellería e as denominacións de orixe de viño, e tamén que o Ministerio está analizando as posibilidades de colaboración, por exemplo, a través de financiamento de circulante e a unificación dos tipos de interés, ademais da rebaixa do IRPF.

Te puede interesar