SERVIZOS

Wifi gratis para cinco das localidades ribadavienses

O Concello ribadaviense está a tramitar o correspondente expediente para conquerir unha achega económica procedente de fondos europeos, e xa consignou unha partida de 2.000 euros nos orzamentos

Os veciños das localidades de Francelos, San Paio, San Cristovo e A Quinza, no municipio de Ribadavia, poderán ter acceso gratuíto á unha rede de internet sen fíos (wifi), segundo un proxecto solicitado polo Concello. O Concello ribadaviense está a tramitar o correspondente expediente para conquerir unha achega económica procedente de fondos europeos, e xa consignou unha partida de 2.000 euros nos orzamentos como aportación ós custes do proxecto.

No caso de levarse a cabo a instalación da rede wifi nestas localidades do rural, dende o Concello se prevé tamén unha ampliación do investimento a outras zonas da vila, como o casco histórico ou o parque da Veronza.

Te puede interesar