SAÚDE

Xornadas en Arnoia sobre o tratamento termal da dor crónica

<p></p>
photo_camera O balneario de Arnoia acolle hoxe e mañá as xornadas dirixidas a estudantes de Medicina.

Esta actividade está dirixida a estudantes  de Medicina que se forman na cura termal

O Balneario de Arnoia acolle hoxe e mañá unhas xornadas sobre o tratamento da dor crónica a través da balneoterapia, no marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia. Un grupo de estudantes galegos de Medicina que se están a formar na cura termal coñecerán os beneficios da terapia termal á hora de abordar a estes pacientes. A cura termal preséntase como unha terapia complementaria á medicina de cara a mellorar a calidade de vida e reducir o estrés dos pacientes con dor crónica. Expertos hidrólogos aseguran que se corrixen algúns dos efectos adversos derivados dunha rutina diaria con dor.

As xornadas comezan ás 16,30 horas, co doutor Tomás Marchena, médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, que abordará o tratamento farmacolóxico da dor crónica. De seguido, o tamén médico de familia José Miguel González sinalará as principais demandas do paciente con dor. Para rematar a tarde, os asistentes realizarán unha sesión práctica no balneario co fin de achegarse ás técnicas de balneación que se aplican a este tipo de enfermos, xunto á fisioterapeuta María Fernanda Agras.

A xornada do sábado iniciarase ás 9,30 horas coa intervención do fisioterapeuta do balneario de Laias, Kamil Brezenzski. Logo a doutora Ada Sevares explicará como se realiza a valoración de pacientes con dor crónica de orixe reumática. Ao final da mañá os futuros médicos participarán nunha sesión práctica no balneario e pola tarde celebrarase un coloquio.

A doutora do balneario de Arnoia, Ada Sevares, afirma que a balneoterapia é unha gran descoñecida para os médicos. 

Te puede interesar