O Ribeiro

Brais Iglesias: "Os xóvenes non quedan no rural, o prezo da uva é a principal causa"

O Ribeiro

ENTREVISTA

Brais Iglesias: "Os xóvenes non quedan no rural, o prezo da uva é a principal causa"

Brais Iglesias, no pasado Foro La Región
photo_cameraBrais Iglesias, no pasado Foro La Región

Un grupo de colleiteiros da Denominación de Orixe Ribeiro decidiu hai anos agruparse buscando singularizar a súa condición e aunar esforzos para lograr seu espazo vital nun sector competitivo coma é o vitivinícola.

Un grupo de colleiteiros da Denominación de Orixe Ribeiro decidiu hai anos agruparse buscando singularizar a súa condición e aunar esforzos para lograr seu espazo vital nun sector competitivo coma é o vitivinícola. Brais Iglesias é o presidente desta asociación.

¿Como nace a asociación?
A asociación naceu en setembro de 1998, hai xa 18 anos, pero era un proxecto que estivo paralizado durante un tempo e logo se recuperou o pasado veran por seis colleiteiros. A día de hoxe xa somos un total de 37. A verdade é que estamos case no numero máximo de socios, xa que só poden asociarse aqueles colleiteiros que embotellen a meirande parte do viño que elaboran e que o comercialicen baixo marca propia. Na actualidade xa representamos prácticamente ao redor do 70% deste sector.

¿Que poden aportar particularmente os colleiteiros á Denominación de Orixe?
Os colleiteiros somos un tipo moi concreto de adega que a día de hoxe só se pode encontrar no Ribeiro. Aportamos diversidade e calidade ó Ribeiro, non podemos comprar uva, facemos os viños directamente coas uvas das nosas fincas e na maioría dos casos son os mesmos colleiteiros quenes se encargan de todo o proceso, dende o cuidado da viña, pasando pola elaboración e o posterior embotellado. Moitas destas adegas de colleiteiros levan varias xeracións no Ribeiro, polo que a experiencia na elaboración foi transmitida de pais a fillos. Isto combinouse á perfección coas ultimas tecnoloxías que actualmente existen para conquerir uns caldos excepcionais.

¿Pensa que está a vivir un bo momento o Ribeiro a nivel de producción e comercialización?
O viño do Ribeiro sempre encontra mercado, por comercialización non temos problema. O noso problema é o relevo xeracional, nese punto si que se pode ver afectada a producción. A xente xoven non quere quedar no rural, o prezo da uva é o principal problema, ninguén traballa de balde. Aínda máis, se engadimos á ecuación que co novo regulamento que entra en vigor en 2018 só se poden producir 13.000 quilos de uva branca e 12.000 de tinta por hectárea. Pero debe poñerse en valor o traballo do viticultor, polo tanto, o prezo da uva preferente co novo regulamento non debería baixar de dous euros por quilo. En caso contrario, a medio prazo imos ter serios problemas en canto á nosa  producción.


¿Cómo valora a xestión do Consello Regulador?
O ano 2016 foi moi convulso no Consello, con moitos cambios, e por elo aínda é cedo para saber como isto afectara á xestión da Denominación de Orixe.

A nivel de asociación, ¿teñen en marcha algún proxecto?
Este ano fixemos múltiples eventos a nivel nacional e internacional, incluíndo países como Bélxica, Alemaña, Canada, Australia e Corea do Sur. Para 2017 temos planificado accións na costa oeste de Estados Unidos e México. n