Os xóvenes prepáranse en Europa para o mercado laboral

A Oficina de Información Xuvenil de Ribadavia participou nun curso de formación sobre proxectos culturales, chamado 'Smart Project Management ', que dispuxo de financiación con fondos europeos
dentro do programa coñecido como 'Xuventude en Acción'.

En torno a este proxecto xuntáronse 18 participantes de Rumania, Eslovenia, Italia, Portugal, Estonia, Polonia, Turkia e España, desenrolándose na Universidade politecnica de Bucarest.

Entre os participantes do grupo da Oficina de Información Xuvenil de Ribadavia estivo o fillo do escritor Uxío Novoneyra. O curso daba comenzo o pasado dous de maio e prolongouse ata o día 13 do mesmo mes.

Esta actividade foi deseñada para incrementar o nivel de coñecementos , competencias e

habilidaes da xente nova, que son membros de organizacións xuvenis, no desenvolvemento de

proyectos para mellorar a calidade das iniciativas da xuventude e para a mellor preparación no mercado laboral, misturando sesións prácticas con outras mais teóricas.

Non é a primeira vez que este departamento municipal participa en cursos no estranxeiro, además de fomentar habitualmente o intercambio de xóvenes entre diferentes países.

A recente apertura da nova Casa da Xuventude facilita sin duda o desenrolo de numerosas e diversas actividades cando teñen a vila de Ribadavia como escenario.

Te puede interesar