Os xóvenes terán aulas municipais de apoio escolar durante o verán

O departamento municipal de Servizos Sociais de Ribadavia organiza unhas 'Aulas de Apoio' para o alumnado dos cursos 3º e 4º de Educación Secundaria e persoas de 16 a 24 anos que preparen a obtención do Graduado en ESO, que serán desenvolvidas pola empresa Entretempos, entre o 27 de xuño e o 31 de agosto. Esta actividade está englobada no proxecto do Concello 'Menos abandonos, máis futuro', que ten coma obxectivo principal a reducción do abandono escolar.
O temario abarca competencias básicas como a comunicación lingüística, matemáticas, o coñecemento e a interacción co mundo físico, competencia no tratamento da información e competencia dixital, ademais de apoiar e reforzar ó alumnado con menor motivación.

Te puede interesar