educación

A Xunta adicará 712.000 euros ó equipamento das garderías

Cada entidade poderá recibir un máximo de 35.000 euros, dos que 20.000 serían para obras de mellora e accesibilidade da escola, e 15.000 para a compra de equipamentos

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, considera fundamental "mellorar os centros da rede galega de recursos para menores de cero a tres anos que xa veñen funcionando, o que repercutirá na mellora da calidade da atención recibida, ademais de apoiar a conciliación e contribuír a fixar poboación no rural". A representante do Goberno galego en Ourense fixo estas declaracións este vernes, na visita que realizou ao Punto de Atención á Infancia (PAI) da Arnoia, que executou obras de mellora e adquiriu novo material con este obxectivo.

Díaz Mouteira tamén informou que a Xunta destinará este ano 712.000 euros á mellora destes recursos de atención primaria, de xeito que cada entidade poderá recibir un máximo de 35.000 euros, dos que 20.000 serían para obras de mellora e accesibilidade da escola, e 15.000 para a compra de equipamentos.

Te puede interesar