O RIBEIRO

A Xunta rehabilitará inmobles en Ribadavia

César Fernández e Ánxeles Vázquez
photo_camera César Fernández e Ánxeles Vázquez durante a reunión celebrada este mércores.

Esta medida permitirá que a Xunta poida adquirir inmobles en estado de abandono ou semiabandono para proceder á súa rehabilitación

O casco histórico de Ribadavia será incluído este ano no Programa Rexurbe. O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de e deputado autonómico, César Fernández, reuniuse coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, para solicitarlle a inclusión de Ribadavia neste programa, que se enmarca dentro da estratexia de recuperación e posta en valor de cascos históricos. Permitirá que a Xunta de Galicia poida adquirir inmobles en estado de abandono ou semiabandono para proceder á súa rehabilitación.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convocará un concurso público para adquirir os inmobles ofertados polos propietarios e que se axusten a unha serie de requisitos establecidos, "posibilitando que a administración autonómica se encargue da posterior rehabilitación e posta a disposición destes inmobles ás persoas interesadas", apunta César Fernández. Entre os criterios para a selección destacarán os edificios que teñan un valor arquitectónico que aconselle a súa recuperación.

Te puede interesar