Colección de láminas con La Región

Florentino Cuevillas, por Alba Fernández

cuevillas
photo_camera Alba Fernández retrata a Florentino Cuevillas
La Región rende homenaxe a esa xeración, cunha colección de retratos de nove dos membros da Xeración Nós, O 13 de xuño La Región entregará gratis a lámina de Florentino Cuevillas visto por Alba Fernández.

Pintora e ilustradora, Alba Fernández (Ourense, 1979), afrontou o encargo de retratar a Florentino Cuevillas (1886-1958).

O seu traballo segue unha técnica mixta na que atopamos collage e tinta china aplicada mediante pincel, sobre papel. “Tratei de reflectir o importante traballo que Cuevillas legounos, especialmente no campo da arqueoloxía científica. Importante porque serviu para descubrir  a nosa identidade a partires dos nosos ancestros na cultura megalítica, a castrexa, a romanización...”.

No retrato, que se entregará gratis o 13 de xuño con La Región, Cuevillas aparece elegantemente vestido “porque el era así, mesmo cando ía facer un traballo de campo polo monte, e vémolo cos prismáticos colgando do colo” e tamén debuxos que exemplifican os seus gráficos cos que facía descrición dos seus achados.

florentino-cuevillas-lamina-25,5x35cm

OS ROSTROS DE NÓS

Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Xocas, Ben Cho Shey, Losada Diéguez, Ramón Cabanillas, Florentino Cuevillas, Arturo Noguerol... conformaron dende diferentes campos as bases da identidade e a cultura galega contemporánea. E todos eles comezaron dende Ourense, a través da revista “Nós”, a publicación que deu nome a que, sen dúbidas é a xeración máis importante e diversa da literatura, das artes, do pensamento, do desenvolvemento científico na nosa historia.

La Región rende homenaxe a esa xeración, cunha colección de retratos de nove dos membros da Xeración Nós, vistos por artistas contemporáneos: Acisclo Manzano, Alba Fernández, Antón Pulido, Baldomero Moreiras, César Taboada, Javier A. Varela, Manuel Caride, Manolo Figueiras y Xosé Vilamoure. os autores deses retratos explícannos cales foron as súas fontes de inspiración, o que representan para eles esas figuras senlleiras que coa súa man recobran unha nova imaxe, cen anos despois de que puxeran en marcha nunha Galicia fondamente atrasada, un movemento cultural que chegou a ter unha gran transcendencia no seu tempo mesmo máis aló das nosas fronteiras e que tivo en Ourense un dos seus principais focos.

Te puede interesar