Colección de láminas con La Región

Castelao, por Xosé Vilamoure

castelao
photo_camera Xosé Vilamoire retrata a Castelao.
A lámina de Castelao chegará aos lectores o 6 de xuño gratis con La Región.

O 6 de xuño chega aos lectores a lámina coa que Xosé Vilamoure (Punxín, 1967) retrata a Castelao (1886-1950).

Médico, político, caricaturista, pintor, escritor... a actividade polifacética foi característica común na meirande parte dos membros da Xeración Nós, pero en poucos tan intensa como en Castelao.

Vilamoure, curtido na técnica do retrato tras pintar máis de setecentos de artistas de todo o mundo, confesa que a experiencia co retrato de Castelao foi como unha “road movie”. “Cada vez que me enfrentaba ao seu retrato veía naquela faciana a caras tan dispares como a de Dustin Hoffman, o actor Morris, John Turturro, Franco Batiatto... pero sempre volvía a Castelao”.

A técnica sobre papel é mixta. O fondo desenvólvese con acuarela negra, igual que o corpo e a faciana con óleo.

castelao-lamina-25,5x35cm

Os rostros de Nós

Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Xocas, Ben Cho Shey, Losada Diéguez, Ramón Cabanillas, Florentino Cuevillas, Arturo Noguerol... conformaron dende diferentes campos as bases da identidade e a cultura galega contemporánea. E todos eles comezaron dende Ourense, a través da revista “Nós”, a publicación que deu nome a que, sen dúbidas é a xeración máis importante e diversa da literatura, das artes, do pensamento, do desenvolvemento científico na nosa historia.

La Región rende homenaxe a esa xeración, cunha colección de retratos de nove dos membros da Xeración Nós, vistos por artistas contemporáneos: Acisclo Manzano, Alba Fernández, Antón Pulido, Baldomero Moreiras, César Taboada, Javier A. Varela, Manuel Caride, Manolo Figueiras y Xosé Vilamoure. os autores deses retratos explícannos cales foron as súas fontes de inspiración, o que representan para eles esas figuras senlleiras que coa súa man recobran unha nova imaxe, cen anos despois de que puxeran en marcha nunha Galicia fondamente atrasada, un movemento cultural que chegou a ter unha gran transcendencia no seu tempo mesmo máis aló das nosas fronteiras e que tivo en Ourense un dos seus principais focos.

Te puede interesar