Pegada celanovesa na homenaxe contemporánea aos autores de Nós

photo_camera La Región rende homenaxe a unha xeración histórica, cunha colección de retratos de nove dos membros da Xeración Nós, vistos por artistas contemporáneos: Acisclo Manzano, Alba Fernández, Antón Pulido, Baldomero Moreiras, César Taboada, Javier A. Varela, Manuel Caride, Manolo Figueiras y Xosé Vilamoure. Na mañá de hoxe tivo lugar a presentación no Claustro Barroco de Celanova. Este domingo, a primeira lámina co xornal.
La Región presentou onte no Claustro Barroco os retratos orixinais das láminas que dende o domingo se distribuirán co xornal

O Claustro Barroco de Celanova acolleu onte a presentación dos orixinais de  “Os rostros de Nós”. Trátase da nova proposta deseñada por La Región para seguir coas actividades conmemorativas ao redor de Nós,  “esta vez en forma de láminas, que van a ser una reproducción de otras tantas obras realizadas por artistas contemporáneos”, explicó Valentín Verdejo, adxunto a dirección xeral do xornal, sobre os retratos de Otero Pedrayo, Risco, Castelao, Cuevillas, Arturo Noguerol, Ben Cho Shey, Cabanillas, Antón Losada e Xoaquín Lorenzo “Xocas” .

O alaricano Xavier Varela foi o encargado de darlle forma ao retrato do etnógrafo de Lobeira. “A mí me gusta este personaje, icónicamente los elementos son muy ricos y tienes mucho donde elegir”, dixo sobre Xocas, ao quen plasmou nun retrato no cal introduciu de xeito simbólico obxectos relacionados coa súa figura coma o carro. “Decidí hacer una especie de síntesis de su obra, escogiendo la tabla porque es un material que se utiliza mucho en la construcción de aperos”, dixo Varela, quen xa tiña experiencia  en retratar os protagonistas de Nós co “O porco de pé”  de Risco. 

A xornalista Maribel Outeiriño, autora da biografía que acompaña cada unha das láminas, foi a encargada de facer unha lembranza dos “creadores del movimiento cultural más importante del siglo XX en Galicia”, dixo. En canto ao papel da pintura en Nós, Outeiriño subliñou que “a todos ellos el arte no les era indiferente” e lembrou os “artistiñas”, o grupo de pintores no que estivo Risco. “Ellos decían que gracias a don Vicente supieron del dalinismo o del cubismo”, dixo a xornalista, quen destacou do reparto das láminas a obra de Fernández Mazas do anuncio da revista Nós. “Nadie conocía ese cartel, apareció en un anticuario que se lo ofreció a la Diputación. Es una joyita”, dijo.

Xavier Varela posa co retrato de Xaquín Lorenzo “Xocas”.

Dende o Concello, o alcalde Antonio Puga agradeceu a sensibilidade de La Región, e da xornalista Maribel Outeriño, por esta nova colección con pegada celanovesa. “Agrádanos moito ter unha nova visión, máis actual, contemporánea, desa xeración e máxime cando algúns dos que interveñen teñen unha relación tan directa e persoal con Celanova como son Baldomero Moreiras e Acisclo Manzano”, dijo Puga. Precisamente a obra de Moreiras sobre Otero Pedrayo protagonizará a primeira entrega este domingo 23 de maio con La Región.

Te puede interesar