Os rostros de Nós

Podcast "Os Rostros de Nós" (4): Castelao, o home e o símbolo

Un percorrido pola vida e obra de Castelao en formato podcast.

"As culturas todas do mundo, dunha forma natural, asumen persoas como símbolos. Gandhi para os indios, Shakespeare para os ingleses, Camoens para os portugueses, Dante e Garibaldi para os Italianos, Cervantes e Goya para os españois... E os galegos temos, tamén, dous tótems de identidade cultural. Un, sen dúbida, Rosalía de Castro: a nosa posición do mundo desde o século XIX; o romanticismo, o popular, o sentimento. Outro, tamén sen dúbida, é Castelao que, desde a primeira metade do século XX, se proxecta deica os nosos días a través de algo que era frecuente naquel momento de menos especializacións: tocar todos os paus...".

Un percorrido pola vida e obra de Castelao en formato podcast.

  • Guión: Afonso Vázquez-Monxardín
  • Voz: Ramón Blanco

 

Te puede interesar