Os rostros de Nós

Podcast "Os Rostros de Nós" (5): Florentino Cuevillas, o terceiro home

florentino-cuevillas-lamina-25,5x35cm
Un percorrido pola vida e obra de Florentino Cuevillas en formato podcast.

"Nada que ver coa mellor das películas do xénero negro; aquela que transcorre na Viena dos primeiros anos da posguerra e cunha trama centrada no tráfico da penicilina, nuns asasinatos e nas paixóns humanas.

Non. Digo Cuevillas o terceiro home, porque sempre que se fala dos ourensáns da xeración Nós cítase a el en terceiro lugar. E como na Santísima Trindade, non se deben establecer escalafóns. Os tres ao mesmo nivel. Porque, ademais, sen dúbida, Florentino López Alonso-Cuevillas non tivo menos méritos e éxito no seu campo de actuación cós outros. Explícome. Os homes de Nós, como é sabido, trataron de poñer a cultura galega á altura das outras culturas europeas do momento, e nalgunhas cousas tiveron máis éxito e noutras menos...".

Un percorrido pola vida e obra de Florentino Cuevillas en formato podcast.

  • Guión: Afonso Vázquez-Monxardín
  • Voz: Ramón Blanco

Te puede interesar