Podcast Os Rostros de Nós (7): Ben Cho Shey

Un percorrido pola vida e obra de Ben Cho Shey en formato podcast.
"Xosé Ramón Fernández-Oxea foi, seguramente, o epígono auriense de Nós máis destacado, activo, versátil e polifacético. Pero é moito menos coñecido e recoñecido que outros ─como Xoaquín Lorenzo Fernández, Xocas, por exemplo─ polo feito de ter vivido fóra de Galicia desde a Guerra Civil.

O feito de ser un home sumamente metódico e ordenado permitiulle ter unha excelente biblioteca e un dos mellores arquivos documentais e epistolares do acontecer da primeira metade do século XX en relación coa cultura galega. Por sorte, hoxe encóntrase depositado e ao acceso público na Biblioteca da Deputación de Ourense, no edificio Marcos Valcárcel...".

Un percorrido pola vida e obra de Ben Cho Shey en formato podcast.

  •  
  • Guión: Afonso Vázquez-Monxardín
  • Voz: Ramón Blanco

Te puede interesar