Colección de láminas con La Región

Ramón Cabanillas, por César Taboada

TABOADA
photo_camera César Taboada retrata a Ramón Cabanillas.
O 4 de xullo chegará aos lectores a lámina adicada a Ramón Cabanillas.

O primeiro domingo de xullo, día 4 sairá a lámina adicada a Ramón Cabanillas (1876-1959), da que é autor César Taboada (Santiago, 1954).

No seu retrato, o Poeta da Raza aparece cun aire moi de paisano, grazas á boina. “É un toque de proximidade á xente” explica César Taboada, quen empregou a técnica da augada infografiada, cun toque post pop.

“Mírase nos cores que aparecen salpicando o retrato, como o confetti dunha festa. É algo deliberado, pensando naquel Ourense das batallas de flores, que era tamén un Ourense dunha intensísima actividade cultural”, reivindica o autor.

ramon-cabanillas-lamina-25,5x35cm

Os rostros de Nós

Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Xocas, Ben Cho Shey, Losada Diéguez, Ramón Cabanillas, Florentino Cuevillas, Arturo Noguerol... conformaron dende diferentes campos as bases da identidade e a cultura galega contemporánea. E todos eles comezaron dende Ourense, a través da revista “Nós”, a publicación que deu nome a que, sen dúbidas é a xeración máis importante e diversa da literatura, das artes, do pensamento, do desenvolvemento científico na nosa historia.

La Región rende homenaxe a esa xeración, cunha colección de retratos de nove dos membros da Xeración Nós, vistos por artistas contemporáneos: Acisclo Manzano, Alba Fernández, Antón Pulido, Baldomero Moreiras, César Taboada, Javier A. Varela, Manuel Caride, Manolo Figueiras y Xosé Vilamoure. os autores deses retratos explícannos cales foron as súas fontes de inspiración, o que representan para eles esas figuras senlleiras que coa súa man recobran unha nova imaxe, cen anos despois de que puxeran en marcha nunha Galicia fondamente atrasada, un movemento cultural que chegou a ter unha gran transcendencia no seu tempo mesmo máis aló das nosas fronteiras e que tivo en Ourense un dos seus principais focos.

Te puede interesar