Risco, por Manuel Caride Conde, “Macaco”

undefined
photo_camera Vicente Risco por Manuel Caride Conde
Los lectores de La Región que adquieran el periódico de mañana conseguirán el segundo ejemplar de la colección de láminas dedicadas a los rostros de Nós, tras la obra con la que Baldomero Moreiras homenajeó la figura de Otero Pedrayo.

Eis o retrato de Vicente Risco, realizado en acrílico sobre papel, proposta para unha mirada distinta do pequeno gran home do nacionalismo galego. Vicente Martínez-Risco y Agüero é o segundo da xeira dos “Rostros de Nós”. Tralo camiño inicial cara a avogacía cos preceptivos estudos de dereito e o traballo en Facenda, seguindo os pasos do seu pai, que desbotou de contado, para a docencia, xaora dende a vocación. Os seus pasos investigadores foron as inquedanzas da Terra, nomeadamente centradas na Etnografía e o Folclore, que son a cerna do seu interese, sendo “Terra, a nosa!” un dos seus lemas. E tamén “Galicia é un mundo”. Cos pés na rocha do súa afervoada fe católica saíron varios libros dende os anos corenta, caso da “Historia de los judíos”, “Satanás, historia del diablo” ou “Mitología cristiana”, ademais da novela “La puerta de paja”, finalista do Premio Nadal. E seu revelador ensaio “Las tinieblas de occidente”, perdido por décadas, e dado a coñecer polo profesor, poeta e tradutor ourensán Xosé Manuel Outeiriño a comezos dos anos noventa.

Risco estivo asentado na capital, no entorno da Rúa da Paz, onde naceu, ou na casa dos Temes na Praza do Ferro, antes de residir na de Santo Domingo. Dende aquí, as “Irmandades da Fala” e a “Revista Nós” foron asento dos seus ideais, escribindo entón o que o converteu nunha autoridade incuestionable até os anos trinta, “Teoría do nacionalismo galego”, o catecismo ideolóxico do galeguismo. A celebrada sátira “O porco de pé”, o drama teatral “O bufón d´El Rei” e o coñecido ensaio “Nós, os inadaptados” son pezas decantadas da súa produción. E aínda que nacer naceu en Ourense, o seu pai tiña en Castro Caldelas casa e facenda, tanto en Camba como en Celeirón, na Ribeira, terra de bos viños, e que coñeceu ben, dando ao prelo un estudio, que lle serviu para amplificar na monografía da Terra de Melide.

O cartaz que firma co alcume de “Macaco” o debuxante, viñetista e ilustrador céntrao no o Sil, que escava coas súas azuis augas a terra dende a eternidade dos tempos xeolóxicos xerando un espazo xeolóxico singular, co verde dos bosques e do monocultivo vitícola nas ladeiras. E a cor azul celeste da faixa da bandeira galega na cima, cor que delinea a figura e rostro xuvenil do noso patrucio, cor base de toda a súa traxeada figura, agás as gafas negras redondas, e as letras violeta que flotan na súa chaqueta. Á biografía de “Macaco” pódense engadir dúas exposicións no Rock Club en 2017 e entre 2018/2019; e dous cartaces, o das Festas de Ourense 2017, e o da Ponte Nova para La Región.

Los lectores de La Región que adquieran el periódico de mañana conseguirán el segundo ejemplar de la colección de láminas dedicadas a los rostros de Nós, tras la obra con la que Baldomero Moreiras homenajeó la figura de Otero Pedrayo. Además, en las próximas semanas estarán disponibles las láminas dedicadas a Castelao, Xocas, Ben Cho Sey, Losada Diéguez, Cabanillas, Cuevillas y Noguerol, que completan la colección. El objetivo, mostrar a esta generación irrepetible a ojos de artistas contemporáneos.

Te puede interesar