Colección de láminas con La Región

Vicente Risco, por Manuel Caride

RISCO
photo_camera Manuel Caride retrata a Vicente Risco.
A lámina de Risco chega o domingo, 30 de maio gratis con La Región

Baldomero Moreiras non chegou a coñecer en vida a Otero Pedrayo, nin tampouco Manuel Caride a Vicente Risco (1884-1963). Pero si sentiu a influencia do seu traballo, tanto literario como filosófico, especialmente concretando as bases do nacionalismo galego, da definición de Galicia no seu conxunto.

O seu retrato é un acrílico sobre papel, no que, tal como conta o propio Manuel Caride, “vemos a Galicia de Risco a través dos cores: o verde da Galicia interior, o azul da Galicia Marítima. E aí está, tras el, a Ribeira Sacra, parte fundamental do seu propio territorio ourensán”. A Lámina de Risco chega o domingo, 30 de maio.

vicente-risco-lamina-25,5x35cm

Os rostros de Nós

Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Xocas, Ben Cho Shey, Losada Diéguez, Ramón Cabanillas, Florentino Cuevillas, Arturo Noguerol... conformaron dende diferentes campos as bases da identidade e a cultura galega contemporánea. E todos eles comezaron dende Ourense, a través da revista “Nós”, a publicación que deu nome a que, sen dúbidas é a xeración máis importante e diversa da literatura, das artes, do pensamento, do desenvolvemento científico na nosa historia.

La Región rende homenaxe a esa xeración, cunha colección de retratos de nove dos membros da Xeración Nós, vistos por artistas contemporáneos: Acisclo Manzano, Alba Fernández, Antón Pulido, Baldomero Moreiras, César Taboada, Javier A. Varela, Manuel Caride, Manolo Figueiras y Xosé Vilamoure. os autores deses retratos explícannos cales foron as súas fontes de inspiración, o que representan para eles esas figuras senlleiras que coa súa man recobran unha nova imaxe, cen anos despois de que puxeran en marcha nunha Galicia fondamente atrasada, un movemento cultural que chegou a ter unha gran transcendencia no seu tempo mesmo máis aló das nosas fronteiras e que tivo en Ourense un dos seus principais focos.

Te puede interesar