COLECCIÓN DE LÁMINAS CON LA REGIÓN

Xaquín Lorenzo, Xocas, por Javier A. Varela

XOCAS
photo_camera Javier A. Varela retrata a Xaquín Lorenzo, Xocas.
A lámina de Xaquín Lorenzo, Xocas, chegará aos lectores o 18 de xullo.

Nove artistas contemporáneos retratan a nove membros da que foi a xeración máis importante no desenvolvemento cultural da Galicia dos últimos séculos. Pecha o ciclo dos retratos, a lámina dedicada a Xaquín Lorenzo, Xocas (1907-1989), o máis novo dos nove membros da Xeración Nós recollidos nesta colección.

Javier A Varela (Allariz, 1970) asumiu captar no seu retrato tanto á figura do etnógrafo, escritor e historiador ourensán como algúns dos aspectos máis representativos do seu traballo. “Por iso escollín unha táboa como soporte, porque a madeira formaba parte de moitos dos seus traballos, as veces facendo mesmo maquetas, e porque é un elemento natural.  Seguindo unha técnica mixta, Javier A. Varela mostra a un Xocas xa maior, rodeado de elementos alegóricos o seu traballo de etnógrafo e historiador. 

Xoaqun Lorenzo por Javier Varela

Os rostros de Nós

Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Xocas, Ben Cho Shey, Losada Diéguez, Ramón Cabanillas, Florentino Cuevillas, Arturo Noguerol... conformaron dende diferentes campos as bases da identidade e a cultura galega contemporánea. E todos eles comezaron dende Ourense, a través da revista “Nós”, a publicación que deu nome a que, sen dúbidas é a xeración máis importante e diversa da literatura, das artes, do pensamento, do desenvolvemento científico na nosa historia.

La Región rende homenaxe a esa xeración, cunha colección de retratos de nove dos membros da Xeración Nós, vistos por artistas contemporáneos: Acisclo Manzano, Alba Fernández, Antón Pulido, Baldomero Moreiras, César Taboada, Javier A. Varela, Manuel Caride, Manolo Figueiras y Xosé Vilamoure. os autores deses retratos explícannos cales foron as súas fontes de inspiración, o que representan para eles esas figuras senlleiras que coa súa man recobran unha nova imaxe, cen anos despois de que puxeran en marcha nunha Galicia fondamente atrasada, un movemento cultural que chegou a ter unha gran transcendencia no seu tempo mesmo máis aló das nosas fronteiras e que tivo en Ourense un dos seus principais focos.

Te puede interesar