PODCASTS

PODCAST. Quinto día do OUFF... Máis cine por favor!

O Ourense Film Festival de Ourense tamén se escoita en La Región
photo_camera O Ourense Film Festival de Ourense tamén se escoita en La Región
Ourense continúa mergullada na súa semana de estreas e bo cinema namentres na rúa hai moitos sinais do que vai pasar este días, como as estrelas que asoman baixo os noso pés...

O Ourense Film Festival vive este martes o seu quinto día de vida nesta edición de 2021. Despois da entrega do Premio Calpurnia 2021 ao director  Gonzalo Suárez nunha emotiva gala, hoxe tócalle o turno de recoller un galardón a outra directora de cine: Ainhoa Rodríguez.

A directora, guionista e produtora de Destello Bravío subirase ao escenario do Teatro Principal de Ourense para recoller o premio Eduardo Barreiros, galardón que recoñece á mellor ópera prima do cine español. A gala poderá seguirse en directo na web de La Región ou por televisión na canle de Telemiño.  de mellor ópera prima española do 2020, 

Pero antes diso, unha nova entrega do podcast de La Región que repasa o acontecido no OUFF 2021 até o de agora e no que tamén coñecerás todo o que queda por vir este días nos que Ourense vive un festival no que se poderán ver varias estreas mundiais e no que están previstas máis actividades arredor da séptima arte. 

OUFF 2021: Máis cine por favor! 

Te puede interesar