OUFF 2021

Podcast. Sétimo día do OUFF: Máis cine por favor!

2021092918043388878

O Ourense Film Festival suma este xoves o seu sétimo día da 26ª edición. Tras entregar este mércores o premio Televisión OUFF 2021 ao carismático actor José Coronado pola súa extensa carreira en televisión, hoxe é o turno de Enrique Cerezo, que recibirá no Teatro Principal o premio "Historia del cine español". O certame quere recoñecer a traxectoria dun "referente en la cinematografía española, al poseer cerca del 70% de los títulos españoles". 

Enrique Cerezo, que comezou no mundo audiovisual dende moi pequeno. Traballou dedicándose a proxección de películas na súa escola e logo foi axudante de cámara na obra “Un millón en la basura” (1967) de José María Forqué. No 1974 deu o salto a dirección, liderando a rodaxe de "La sonrisa del sol: Almería". O seguinte paso foi crear a súa propia productora. Ademáis preside dende 1998 la  EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales). Directores como Buñuel, Amenábar, Alex de la Iglesia, Fernando Trueba, Julio Medem o Berlanga rodaron para a súa productora. 

A maiores, coñeceremos o palmarés do Ourense FIlm Festival: Playgroud foi elexida a mellor película, mentres que Ferit Karahan, por Mi Mejor amigo., recibiu o premio Carlos Velo á mellor dirección. O premio especial do xurado foi para "Uzi", de Pepe Valle. Non foron os únicos premios que se deron a coñocer este xoves. 

Te puede interesar