Axenda sonora do OUFF 2021

Podcast. Sexto día do OUFF: Máis cine por favor!

cinema-4153289_1920

O Ourense Film Festival vive este mércores o seu quinto día de vida nesta edición de 2021. Despois da entrega do Premio Calpurnia 2021 ao director  Gonzalo Suárez nunha emotiva gala, tocoulle o turno onte a Ainhoa Rodríguez na categoría Eduardo Barreiros. Hoxe é o día de José Coronado, que recollerá o premio OUFF Televisión para recoñlecer a súa extensa carreira en televisión, na que deixou papeis memorables en series como Brigada CentralPeriodistas, AcusadosEl PríncipeGigantes y Vivir sin permiso, o que se lle suma agora  Entrevías, que actualmente roda para Mediaset.

Escoita o podcast Máis cine por favor!

Ademáis da gala de entrega, aqueles que acudan ao Teatro Principal de Ourense para ver como este galán do cine español -que levanta paixón alí por onde pasa- para ver como recolle o premio, poderán ver en primicia o primeiro capítulo da serie que moi pronto poderá verse nas pantallas de televisión españolas. 

Entrevías, a serie que rueda actualmente, é un drama urban que protagoniza xunto ao actor galego Luís Zahera e a nova actriz novel Nona Sobo. Narra a historia de Tirso Abantos, un home de principios cunha existencia sosegada e rutinaria da un xiro cando a súa neta adolescente irrumpe de cheo na súa vida.

Pero antes diso, unha nova entrega do podcast de La Región que repasa o acontecido no OUFF 2021 até o de agora e no que tamén coñecerás todo o que queda por vir este días nos que Ourense vive un festival no que se poderán ver varias estreas mundiais e no que están previstas máis actividades arredor da séptima arte. 

Te puede interesar