Participaron preto de 25 colexios de toda a provincia

1.500 escolares ‘toman’ as principais rúas de Ourense na xornada de Correlingua

Nenos e nenas ourensáns na concentración de Correlingua na Praza Maior. (Foto: Daniel Atanes)
O Correlingua 2008 reuniu en Ourense a máis de 1.500 alumnos de Primaria e Secundaria, procedentes de 25 colexios da provincia. Os escolares participaron en varias carreiras polas rúas contiguas ao Casco Vello con saída e meta na Praza Maior.No acto se fixo unha entrega de premios aos creadores das mellores pancartas. Os que gañaron foron os colexios de Casaio, Albiño Núñez, A Peroxa, Blanco Amor y o de Méndez Núñez.
Máis de 1.500 escolares de Educación Primaria e Secundaria abarrotaron onte a Praza Maior de Ourense para participar na oitava edición do Correlingua.

Os participantes percorreron as principais rúas do Casco Vello de Ourense, a través dunha ‘andaina pola lingua’ e de dúas carreiras non competitivas.

O obxectivo: ‘reivindicar o dereito a crecer en galego’. Así o explicou Francisco Paradelo, coordinador do Correlingua en Ourense, quen agregou que ‘os nenos e nenas participantes serán os futuros falantes da lingua galega usándoa con orgullo e liberdade’.

Os escolares déronse cita na Praza Maior mostrando con orgullo pancartas a favor do idioma, nas que se podían ler ‘Conquista o mundo en galego’, ‘Non che deixes enganar, en galego hai que falar’, o ‘Se intelixente fala galego coa xente’.

A primeira actividade foi a ‘andaina pola lingua’, que consistiu nun paseo polas principais rúas de acceso á Praza Maior. Posteriormente, comezaron as carreiras dos alumnos de Primaria e Secundaria, quen completaron o percorrido en non máis de 15 minutos. Despois deu inicio a gran ‘festa polo idioma’, amenizada por un grupo de percusionismo ‘Trópico de grelos’, quen cos seus yembés e tambores puxeron a bailar aos asistentes. O climax da festa foi a actuación de grupo teatral Chévere, que escenificaron no escenario unha pelexa estilo ‘pressing catch’, na que dous loitadores se enfrontaron nunha ‘pelexa polas letras’, onde as armas foron os verbos infinitivos conxugados e os adxectivos adverbiais en galego.

Te puede interesar