300 gaiteiros actúan na Feira do Viño do Ribeiro

Jonathán Ferreira, José Prieto, José Luis Foxo e Manuel Garrido. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A música terá un papel relevante na 49 edición da Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará en Ribadavia entre os días 4 e 6 deste mes de maio. O Concelleiro de Turismo, José Prieto, xunto co director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, José Luis Foxo, e os profesores Jonathán Ferreira e Manuel Garrido, presentaron o que será un dos espectáculos estelares da feira. Trátase dunha xuntanza de máis de 300 gaiteiros de toda a provincia de Ourense e de Zamora, que ofrecerán un pasarrúas e posterior actuación na Praza Maior, a partires das 11,00 horas do sábado, día 5.
José Luis Foxo destacou a colaboración da Diputación provincial e o interés das bandas en formar parte deste espectáculo ata o punto que serán elas mesmas as que se paguen o transporte. Nese senso Prieto manifestou o seu agradecemento porque 'sería imposible facelo por falta de recursos económicos'. O edil apuntou que este ano en lugar de orquestas haberá distintos grupos musicais actuando no casco histórico, entre eles, Fuxan os Ventos, o mesmo día 5.

Te puede interesar