Un 80% das prazas ofertadas cubríronse no primeiro día de inscrición.
Este luns comeza o programa "Concilia Verán", no que participan un total de 400 nenos ourensáns. Este proxecto forma parte da Cocellería de Educación, e pretende facilitar a conciliación daquelas familias con fillos durante a época estival.
Nel poden participar todos aqueles nenos e nenas de 4 a 12 anos.
O programa estará vixente durante os meses de xullo e agosto e terá lugar nas Bibliotecas Públicas Municipais, na Aula Natureza de Oira e en diversos CEIPS: O Couto, Amadeo Rodríguez Barroso, Prácticas e Curros Enríquez.
A atención realizarase en horario de mañá agás na Aula da Natureza de Oira, que tamén inclúe horario de tarde.