REPORTAJE - MÚSICA

A gaita, en pedra e madeira

sanxosevilarinoconsoS
photo_camera Iconografía da gaita no retablo da capela de San Xosé de Sabuguido, en Vilariño de Conso.

A investigadora de arte medieval Ruth Foxo está a realizar un estudo pioneiro sobre as imaxes de gaitas e gaiteiros dos templos civís e relixiosos de toda a Península. "É un traballo apaixoante para min", apunta a experta. 

Leva a música tracidional galega no sangue e a arte espertou o seu interese dende pequena, acompañando a seu pai na búsqueda de imaxes de gaitas e gaiteiros en edificios civís e relixiosos de España e Portugal. Graduada en Historia da Arte, a ourensá Ruth Foxo decidiu unir as súas dúas paixóns e facer delas a súa forma de vida.

Actualmente está inmersa nun traballo de investigación pioneiro sobre a iconografía da gaita na Península Ibérica. "É un traballo apaixoante para min. Aparte de facer turismo visitando templos, recibo un coñecemento fantástico de primeira man e podo aportar algo que non está estudado", comenta Ruth.

Hai tres anos que arrancou con este proxecto que, segundo calcula, verá a luz nun ano. Apoiada nun pequeno estudo da Gran Enciclopedia Galega, Ruth seleccionou os templos que debía visitar e comezou poñéndose en contacto cos responsables destas institucións para que lle permitisen o acceso aos amosteirocelanova_resultrquivos e aos espazos que, polo xeral, non están abertos ao público.

Entre as imaxes que forman parte do seu estudo destaca a do capitel esquerdo da porta da igrexa de San Francisco: unha tríada céltica de inicios do século XIV. "Esta secuencia móstranos como, nesa época aínda prefolclórica, a gaita era un instrumento moi vivo. O gaiteiro aparece no medio de dous bailaríns que danzan ao seu son. Visten roupa talar e a gaita daquela non levaba roncón", explica a experta.

Do seu percorrido pola provincia, tamén enumera o anxo gaiteiro que aparece na igrexa conventual de Santo Domingo de Ribadavia, tamén do século XIV; a cruz procesional do século XVI que mostra catro gaiteiros, e que se expón actualmente no museo da Catedral; e imaxes de representacións de Nadal con gaiteiros como as da igrexa de Vilamaior do Val, en Verín; a ermida de Sabuguido, en Vilariño de Conso; ou o santuario das Ermitas, en O Bolo, entre outras.

De todo o material que a investigadora recompilou para documentarse, salienta: "É curioso ver como estudosos da arte atribúen a galeguidade á gaita aínda que apareza nun templo do sur de España". E é que no seu traballo de campo, Ruth tamén percorreu as demáis comunidade autónomas, sorprendéndose especialmente coa visita ás catedrais de León e Burgos. "Nelas podemos encontrar a verdadeira historia da arte a partir do século XIII. A representación iconográfica da gaita móstranos as distintas tipoloxías do instrumento, dende a gaita sen bordón do século XIII, en fermosas vidrieiras", apunta a investigadora de arte medieval. 

Te puede interesar