CIENCIA

Aberto o prazo de recepción de proxectos para Galiciencia 2017

La Tecnópole acogerá hasta 80 proyectos en la mayor feria científica de Galicia, 50 de equipos presentados por estudiantes de Secundaria, Bachillerato y FP, y otros 30 de alumnos de Primaria y Educación Especial

O Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole abre ata o próximo 22 de outubro o prazo de presentación de proxectos para a Galiciencia 2017. A maior feira científica de Galicia, inicia así o proceso de selección dos 80 proxectos cos que celebrará a súa duodécima edición. Aos 50 traballos presentados por equipos de estudantes de Secundaria, Bacharelato e FP que competirán polo primeiro premio do certame, sumaranse fóra de concurso 30 proxectos máis de alumnos de Primaria e Educación Especial.

O evento terá lugar entre o 22 e o 24 de novembro nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas,  co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

Os 50 proxectos participantes na competición estarán expostos durante os tres días da feira, mentres que os de Primaria e Educación Especial poderán verse en quendas de 10 proxectos diferentes cada día.

Para participar, o requisito fundamental é formar un equipo de dous alumnos e un profesor e contar a idea, xa sexa un proxecto experimental e tecnolóxico ou un traballo documental, a través do formulario de inscrición.Co obxectivo de garantir o acceso a unha representación diversa dos centros escolares de toda Galicia, limítase a catro proxectos a exposición por cada centro. Os equipos seleccionados para expoñer os seus traballos deberán entregar previamente unha presentación dixital na que se recollan os aspectos máis relevantes da súa investigación, co obxectivo de fomentar a capacidade para resumir e comunicar de forma atractiva o seu traballo de cara á celebración da feira.

Tecnópole organiza nesta edición varios talleres relacionados coa astronomía para público e participantes.  

Te puede interesar