CULTURA

O Abril Oteriano lembrará a vida de Don Ramón en Santiago

A capital galega acolle, os vindeiros 20 e 21 de abril, diversas actividades que honran a figura do escritor

O presidente e o secretario da Fundación Otero Pedrayo, Xoan Luís Saco e Afonso Vázquez-Monxardín presentaron onte no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), xunto ao decano de Xeografía e Historia, Francisco Durán, o programa de actos que desenvolverá a fundación na capital de Galicia os vindeiros 20 e 21 de abril na terceira edición do "Abril Oteriano".

Parte do programa deste ano centrarase en Santiago de Compostela, xa que foi a cidade na que Otero Pedrayo, que foi catedrático de Xeografía entre 1950 e 1958, pasou un período que denominou "os anos máis felices da miña vida".


Programa


O venres 20, ás 12,00 horas,  inícianse os actos coa celebración dunha misa na súa memoria na Igrexa de San Francisco, dita por Andrés Torres Queiruga. O mesmo día, ás 17,00 horas, iníciase no Colexio de Fonseca, o simposio “Otero en Compostela: os anos máis felices”, que  reunirá  investigadores da obra oteriana e protagonistas daqueles anos. Durante a tarde do venres e o sábado 21 enteiro, haberá conferencias a cargo de Ramón Villares, Xesús Alonso Montero, Xosé Manuel Salgado, Margarita Ledo Andión, e mesas redondas coa participación de Antón Santamarina, Ramón Lorenzo, Xosé Luís Franco Grande, Carlos Baliñas. 

Te puede interesar