O actual concelleiro Luis González optará á alcaldía de Piñor polo PP

Manuel Baltar, Luis González e José Luis Valladares.
O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, asistiu á xuntanza do partido en Piñor na que se acordou que Luis González Rodríguez sexa o candidato á alcaldía nas eleccións municipais de maio de 2011.
Luís González, empresario de 42 anos, concelleiro na actualidade, asume o reto de devolverlle ao PP o goberno de Piñor poñendo xa en marcha un equipo de traballo co que acadar ese obxectivo. O candidato denunciou a ingobernabilidade do concello e a falta de liderado do alcalde socialista, 'desconectado dos cidadáns'. Manuel Baltar felicitouno pola forza coa que nace a súa candidatura, polo traballo feito na oposición, e polo achegamento aos cidadáns.

Te puede interesar