Los retos de la educación | Entrevista

“Os que na ESO acumulan fracasos, na FP básica pódense reenganchar"

La orientadora educativa Sonia Ferro Cid.
photo_camera La orientadora educativa Sonia Ferro Cid.
A actual xefa do departamento de Orientación Educativa do IES O Couto afronta "con moita ilusión" unha nova etapa

A actual xefa do departamento de Orientación Educativa do IES O Couto afronta "con moita ilusión" unha nova etapa tras 18 anos no IES Vilamarín. Sonia Ferro (46 anos, Bentraces) foi unha das ponentes das Xornadas de formación en orientación vocacional e profesional que a Consellería de Educación organizou para orientadores esta semana. 

Sonia Ferro estivo acompañada de mestres que estiveron o curso pasado con ela en Vilamarín e foron  partícipes do éxito co alumnos de FP Básica. "Ten mérito, porque era profesorado que daba por primeira vez FP Básica, eran docentes provisionais e ese mesmo ano tiñan o exame de oposición. Reunían todos os requisitos para tirar a toalla...

Por que se acadou ese éxito?

No IES Vilamarín logramos facer o ano pasado unha intervención diferente con alumnos de FP Básica. De 16 alumnos de 2º, 14 está xa nos ciclos medios. Este é alumnado que normalmente non quitou a ESO e con traxectorias de fracaso escolar. O reto é reenganchalos  e facer que se sintan motivados. E conseguimos que sigan en ciclos medios de hostelería, servizos... 

Como os reenganchamos?

A FP é unha etapa postobrigatoria, e os de ciclos medios e superiores normalmente están estudando o que eles queren. Pero a FP Básica non é tanto así. Son alumnos que nalgúns casos aínda teñen 15 anos cando a empezan e están en periodo de escolarización obrigatoria. Só necesitas cambiar pequenas cousas para ter resultados distintos. Fixemos unha táboa periódica con códigos QR que contiñan información buscada polo alumnado. E chegamos á conclusión de que ese sistema era mellor que ter que memorizar. Non fixemos cousas complicadas. É cuestión de vontade e de creatividade. 

É un erro dar por perdido a un alumno?

O que demanda este tipo de alumnado é atención, igual ca calquera ser humano. Aseméllanse  en parte ao alumnado de altas capacidades, porque ao non seguir o itinerario prototipo, necesitan unha resposta adaptada. Cando ao alumno se lles dá a posibilidade de mostrar do que é capaz, rompe moitos prexuízos. Por exemplo, un dos profesores, o ano pasado, levounos ao Campionato de Skills de FP, pero para xestionar a cafetería. O alumnado de FP Básica non adoita facer estas actividades, xorde o medo a que se poidan portar mal. Pero, cando confías neles tras un tempo traballado... alí estiveron, impecables,. É cuestión de dar oportunidades. 

Como se recomenda ir cara á FP Básica e non abandonar todo?

O alumnado de FP Básica é un grupo ao que o ciclo da ESO non se axusta ao que piden. Ás veces  están dando coa cabeza contra unha parede  e van acumulando fracaso tras fracaso. Como lles entras coa FP Básica? Apelando á parte práctica. Á parte de Matemáticas ou Lingua, terán módulos de perruquería, cociña... segundo a rama. Ao alumnado explícasllo e adoita entendelo. As familias non contemplan a posibilidade de que se poñan a traballar aínda. 

A FP en xeral segue considerándose inferior?

Ata agora estaba nun centro só de FP, e a xente non tiña esa percepción. Agora, si que vexo que ás familias lles custa algo máis aceptar que ese é un camiño tan digno e, nalgúns casos, moito máis motivador. Hai que buscar o que a cada un lle fai feliz.  Creo que pode haber a percepción de que a FP é menos só en xente que non está informada, pero están cambiando certos prexuízos. Hai xente que remata Bacharelato e decide facer un ciclo superior porque a opción universitaria non é a que máis o satisface.

Te puede interesar