O alcalde de Chandrexa de Queixa destaca o compromiso dos gandeiros na loita contra o lume

As altas temperaturas e o escarpado do terreo están a dificultar a extinción dun incendio que queimou unhas 50 hectáreas en rede natura
O alcalde de Chandreixa de Queixa (Ourense), Francisco Rodríguez, defendeu que os gandeiros de zona, en que pastan a pastan unhas 600 reses, 'se comprometeron' o ano pasado na loita contra os incendios forestais.

En declaracións a Europa Press, o rexedor fixo referencia a este compromiso e tamén cuestionou a prohibición de pastoreo que impón a lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia sobre todos os terreos forestais que resulten afectados polo lume nun prazo mínimo de dous anos.

Así as cousas, constatando que o sector gandeiro precisa terras para o pastoreo, o primeiro edil deste concello ourensano evitou decantarse sobre cál puido ser a causa do incendio que, dende a tarde do martes, queimou unhas 50 hectáreas de superficie protexida por rede natura.

'Ás veces os veciños pagan e o problema é pola caza, ou calquera cousa. Os gandeiros comprometéronse o ano pasado e non se queimou nada', apuntou Rodríguez, quen recorda que na onda de lumes rexistrada en setembro de 2011 o terreo calcinado en Chandrexa de Queixa foi elevado, procedente na maioría das veces de municipios limítrofes, mentres que o ano pasado arderon 'matogueiras' en incendios 'pequeñitos'.

Segundo o alcalde, as lapas están controladas dende as 20.30 horas deste martes e 'non hai ningún problema'. Na mañá do mércores, explicou, dúas hidroavións e tres helicópteros continúan 'botando auga para arrefriar'.

Toda a superficie calcinada, indicou, é 'de monte baixo' e está ao amparo da figura de protección 'Rede Natura 2000'. A situación do pobo máis próximo, As Taboazas, a uns tres quilómetros en liña recta segundo o rexedor, evitou que houbese risco para as persoas.

Con todo, de acordo coa información da Consellería de Medio Rural, o lume segue activo tras queimar unhas 50 hectáreas e nos traballos de control participan un técnico, catro axentes forestais, nove brigadas, dúas motobombas, oito helicópteros e seis avións.


MINISTERIO

Pola súa banda, o Ministerio de Medio enviou ao incendio de Chandrexa de Queixa dous avións anfibios de 5.500 litros procedentes da base de Lavacolla e dous avións 'Air Tractor' mixtos, de carga en terra-anfibio, con capacidade de carga de 3.100 litros, que partiron da base de Rosinos (Zamora).

O departamento que dirixe Miguel Arias Cañete sinala nun comunicado que este martes as dúas Brigadas de Reforzo (BRIF) que participaron neste incendio lograron deter o avance das lapas, 'pero as altas temperaturas e o escarpado do terreo están a dificultar a súa extinción'.

E é que, segundo os datos achegados polo alcalde de Chandreixa de Queixa, o martes o termómetro alcanzou os 37 graos neste concello e as previsións sitúan as máximas deste mércores por enriba desta temperatura.

Te puede interesar