AVE EN OURENSE

O alcalde invita "a traballar" a todos para "acelerar ao máximo os plazos" da chegada do AVE a Galicia

Jesús Vázquez explicou que o ministro De la Serna asegurou que "trataría de acelerar dentro das posibilidades o procedemento da variante exterior así como a chegada do AVE a Galicia". 

Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá, o alcalde da cidade explicou a súa entrevista co ministro De la Serna que fai uns días puxo en duda a necesidade de facer a variante exterior para a chegada do AVE á cidade. Afirmou que tras estas declaracións, tiveron unha chamada e que trataron unha entrevista para que o rexidor puidera" explicarlle cal é o posicionamento da cidade". 

Sobre a entrevista entre os dous, asegurou Jesús Vázquez que o ministro lle recoñeceu que a reflexión sobre a variante exterior "non foi nin acertada". Tamén explicou que o propio De la Serna asegurou que "trataría de acelerar dentro das posibilidades o procedemento desa variante exterior así como a chegada do AVE a Galicia". 

O alcalde invitou a todas as partes "a traballar" e para "acelerar ao máximo os plazos e que o proxecto siga dando os seus pasos pouco a pouco, pero que vai saíndo adiante".

Te puede interesar