ÁREA METROPOLITANA

O alcalde de Toén cobrará 18.000 euros anuais, con dedicación parcial

Haberá unha soa dedicación exclusiva, que percibirá o concelleiro Eladio Canal Fernández

O alcalde de Toén, o popular Ricardo González, terá durante este mandato unha dedicación parcial dun mínimo de 20 horas semanais, polo que percibirá un salario bruto de 18.000 euros anuais, tal e como se aprobou no pleno municipal a proposta da Alcaldía, con sete votos a favor do PP e catro abstencións dos concelleiros do PSOE. 

O goberno local terá unha soa dedicación exclusiva, que recaerán no concelleiro da área de servizos públicos, vías e infraestruturas, Eladio Canal Fernández, cunha percepción bruta anual de 21.265,72 euros. 

Asemade, a concelleira da área de benestar, sanidade e igualdade, Julia Vispo Losada, terá unha dedicación parcial mínima de cinco horas semanais, pola que recibirá un salario bruto ao ano de e 2.971,64 euros, segundo se recolle no decreto que regula as prestacións. 

Segundo o decreto do alcalde, que foi publicado no Boletín Oficial da Provincia, a xunta de goberno local estará composta por el mesmo, o propio Eladio Canal e dous edís máis: María Inés González Padrón e Víctor Viéitez Villar. Os tres terán tamén o cargo de tenente de alcalde, coa capacidade de substituír ao rexedor en caso de ausencia. 

Te puede interesar