TEMPORAL

Continúa a alerta amarela nas zonas montañosas de Ourense

Os datos meteorolóxicos da Aemet para o mércores motivan a alerta decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias na provincia ourensá. As previsións indican que a neve volverá a ser un obstáculos nas estradas 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior decretou unha alerta de nivel laranxa en todo o litoral galego a partir do mércores por vento e ondas. Esta alerta no litoral comunicada pola Xunta súmase a outra de nivel amarelo por neve nas zonas de montaña das provincias de Lugo e Ourense.                                                       mapaaemet

Baseándose en datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a Xunta avisou de que se esperan ventos de forza oito ou nove e ondas de entre cinco e sete metros.

O temporal costeiro comezará na provincia da Coruña e estenderase posteriormente ás provincias de Lugo e Pontevedra, e espéranse refachos de vento de até 100 quilómetros por hora.

É por iso que o Goberno galego emitiu un comunicado para lembrar a importancia de non aproximarse á costa para previr un eventual golpe de mar.

Te puede interesar