ENTREVISTA

Alexandre García: "Traballamos para que os nosos pacientes recoñezan emocións e lean as intencións"

Sta Cruz de Arrabaldo. 04-11-14. Provincia. Entrevista a Alejandro García 
foto: Xesús Fariñas
photo_camera O psiquiatra Alexandre García Caballero.

'E-motional training' é o nome dun proxecto do psiquiatra do CHUO Alexandre García Caballero que vén de recibir un premio nacional á innovación na sanidade 

'E-motional training' é o nome dun proxecto do psiquiatra do CHUO Alexandre García Caballero que vén de recibir un premio nacional á innovación na sanidade de mans da Asociación de empresas de electrónica, tecnoloxías da información, telecomunicacións e contidos dixitais (Ametic). O seu obxectivo é plantexar a través do xogo diversas situacións de integración social e de relacións interpersoais para que persoas con trastornos mentais progresen no seu contacto coa realidade.

En que consiste este proxecto?

'E-motional training' é un programa online para a rehabilitación da cognición social en trastorno mental grave. Entendemos por cognición social a habilidade que temos para recoñecer emocións nas caras dos demais, nos tons das voces ou as expresións. A maiores, ten que ver coa percepción de información social en situacións da vida cotiá, coma por exemplo, decatarse de quen é o xefe nunha reunión ou se dous rapaces son parella ou non. Outra parte é a lectura das intencións que teñen os outros, como poden ser insinuacións ou expresións irónicas.

Con que tipos de trastorno mental traballa?

Con pacientes con distintos trastornos, como esquizofrenia, trastorno bipolar, trastornos do espectro autista ou secuelas de traumatismos de tráfico. Ás veces estas persoas teñen unha habili- dade diminuída para interpretar este tipo de comportamentos, e o noso programa trata de melloralo.

En que formato se sustenta o programa?

O sistema é escalar, vai do máis sinxelo ao máis difícil. Empezamos cuns vídeos tutoriais, onde che aprenden as cousas nas que te tes que fixar, coma por exemplo as emocións nas caras. Despois, pásase a uns xogos que comezan só con ollos e bocas, para despois traballar con caras completas onde se detectan microexpresións de menos de 250 milisegundos. Tamén inclúe unha curtametraxe de debuxos animados, que está fragmentada para que se plantexen preguntas ao paciente; se falla, recibe unha axuda sobre como reaccionar á pregunta.

Pero é un servizo en evolución...

Esta primeira versión logrou ser se- leccionada polo Sergas, que nos deu unha axuda para tentar que este produto fose competitivo comercialmente. Isto permitiunos acceder a fondos europeos, cos que traballamos nunha segunda versión más completa, con xogos de caras distintos, de emparellamento ou de imitación, e unha parte de recoñecemento de voces. Tamén fixemos a continuación da curta de debuxos animados, desta vez con actores de verdade. E a guinda do pastel é un videoxogo longo, dunha hora e media de duración, para tratar de me- llorar as habilidades dos pacientes.

Por que esta aposta polo xogo?

Aos nosos pacientes lles gusta o xogo, coma todo o mundo. Moi- tos deles teñen máis problemas coa relación interpersoal, mentres o ordenador non lles supón ningún reto. Deste xeito, quixemos aproveitar esta habilidade para relacionarse con descoñecidos pola rede para tratar de mellorar.

Cal é a dispoñibilidade desta páxina web?

O programa vai ser gratuíto para os usuarios dos Sergas. Para os que están fóra, vai ser comercial, e ofertará subscricións individuais, por 50 euros anuais, e unha subscrición institucional para hospitais ou centros de rehabilitación, por 500 euros para 50 pacientes. 

Te puede interesar