infraestruturas

O alumeado da Peroxa será 100% LED no mes de agosto

O Concello vén de recibir unha axuda de 122.000 eurose para investir no aforro enerxético de todos os puntos de luz

O Concello da Peroxa vai cambiar as bombillas halóxenas por luces LED dentro dun proxecto de aforro enerxético, co que se prevé unha rebaixa do gasto de 30.000 euros anuales e que terá un investimento de máis de 150.000 euros. 

Esta renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior acometerase en todos os puntos de luz que aínda carecen do sistema LED, e grazas a una subvención concedida ao Concello. O investimento ascende a 153.035 euros, e para poder realizala recibirán unha axuda dentro do Instituto para la Diversificación y ahorro de la Energía, dentro do  Programa Operativo Feder de crecemento sostible 2014-2020, de ata 122.429 euros.

O goberno local aprobou a súa parte de gasto para licitar a renovación do alumeado e agardan que en agosto poida estar rematada toda a instalación. "Ata o de agora tiñamos o 40% de LED e con este proxecto  conseguiremos o 100% en todo o municipio", explica o rexedor da Peroxa, Manuel Seoane. 

Neste senso, lembra que hai cinco anos o Concello gastaba máis de 120.000 euros en luz, e consegui reducilo xa a pouco menos de 80.000 coa primeira fase. "Agora poderemos reducir a factura incluso máis dun 50%", salientou. 

Te puede interesar