CONCURSOS

Unha alumna do CEIP A Ponte gaña o concurso de Microrrelato online

A praza de San Martiño acolleu a representación da obra "María e os ollos Alabarados", de María Victoria Moreno

A concelleira de Educación, Belén Iglesias, entregou a Aroa Dios Do Campo, do CEIP A Ponte, o premio como gañadora do VI Certame de Microrrelato on line convocado polo Concello e que este ano tiña como tema "Unha viaxe por Galiza". A obra "Soñando", realizada pola alumna de sexto de primaria foi a elexida polo xurado. 

Ademáis, 120 escolares dos centros CEIP As Mercedes, CEIP A Ponte e CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, presentes na praza de San Martiño disfrutaron da representación da obra "María e os ollos Alabarados", de María Victoria Moreno.

Te puede interesar