VOLUNTARIADO

Amigos da Terra recibe a unha nova voluntaria internacional

teresa_coelho01_result
photo_camera Teresa Coelho, nova voluntaria.

Teresa Coelho Mendes, chegada dende a veciña Portugal

A asociación Amigos da Terra acolle a unha nova voluntaria europea, Teresa Coelho Mendes, chegada dende a veciña Portugal.

Coelho iniciou esta semana a súa estadía na organización, onde colaborará durante os próximos once meses. Deste xeito, a voluntaria súmase aos distintos proxectos, campañas e actividades de información e educación ambiental que Amigos da Terra leva a cabo nos seus locais, ademais de no Centro de Educación Ambiental "As Corcerizas". 

Esta iniciativa, recentemente aprobada pola Comisión Europea dentro do Programa Erasmus+ da Unión Europea, atópase dentro do Servizo Voluntario Europeo, que posibilita a mobilidade da xuventude europea. Así, Amigos da Terra recibe e envía voluntarios ao resto dos países europeos. Ao longo deste ano, varios ourensáns participarán en diversos programas de Eslovenia, Eslovaquia, Portugal, Irlanda, Italia e Reino Unido. Esta opción está aberta a todos aqueles mozos e mozas menores de 30 anos que queiran vivir unha aventura europea.

Te puede interesar