ÁREA METROPOLITANO

Amoeiro asina un crédito de 400.000 euros co IDAE

Villarino reuniuse co director do IDAE, Joan Herrera, para a sinatura, logo de manter un encontro con Ángel Sánchez de Vera, xefe de Servizos e Agricultura desde ente, quen mostrou a disposición para facilitar unha comunicación fluída e permanente con Amoeiro.

O alcalde de Amoeiro, Rafael Rodríguez Villarino asinou onte na sede do Instituto para la Diversificación y Ahorro Energético (IDAE) de Madrid, na Sede do IDAE (Madrid) o crédito de 407.827 euros que permitiu instalar máis de 1.350 novos puntos de luz LED no municipio.

Outros puntos salientables desta xuntanza foron o retraso da axuda do 80% para substituír as dúas depuradoras actuais por outras máis eficientes e ecolóxicas – as de Ponte do Freixo e A Bergueira–, así como a probabilidade de que Amoeiro reciba esta mesma porcentaxe para financiar os  130.000 euros do restante alumeado municipal tamén con LEDs. 

Por último, avanzaron as posibilidades de autoconsumo con  instalacións fotovoltaicas públicas, algo no que, segundo dixo Villarino, "Amoeiro está analizando a súa implantación con expertos coa finalidade de dar cobertura ao subministro eléctrico no centro de saúde, a  casa consistorial,  o Edificio Bioclimático, o Pazo de Deportes e o CEIP Otero Pedrayo, vía acordo coa Consellería de Educación. 

Te puede interesar