Amoeiro e a cidade inician a colaboración en materia de augas

O Concello de Amoeiro busca solucións para o problema no subministro de auga e tras unha reunión co Concello de Ourense acordaron  poder aproveitar a rede de saneamento da cidade para solucionar o problema. O alcalde de Amoeiro, José Luis González Pérez, foise cunha boa impresión, pola "total disposición" por parte do rexedor ourensán, Gonzalo Pérez Jácome. O rexedor amoeirés ve este acordo beneficioso para os dous concellos, "porque ademais de ser máis rendible economicamente, supón unha maior garantía do subministro de auga". 

Te puede interesar