CONCELLO

Amoeiro moderniza o servizo de recadación co pago vía internet

Unha vez realizado o pagamento mediante a pasarela electrónica, o usuario recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico

O Concello de Amoeiro vén de modernizar o servizo de recadación municipal cunha pasarela de pagamento vía internet. No actual exercicio fiscal, Amoeiro recuperou o servizo de recadación municipal que tiña delegado, ata o de agora, na Mancomunidade de Santa Águeda, de xeito que se achegan á cidadanía os trámites tributarios ao radicar os mesmos na casa consistorial.

Segundo explican desde o Concello, "increméntase a comodidade" dos pagamentos mediante as novas tecnoloxías pondo á disposición das persoas contribuíntes unha pasarela inscrita na páxina web municipal. 


PASOS A SEGUIR


En concreto, na devandita páxina existe unha pestana rotulada co nome de recadación que ao premer sobre ela conduce a unha ligazón que, á súa vez, redirecciona á páxina na que se poderán introducir os datos da persoa contribuínte.

Unha vez realizado o pagamento mediante a pasarela electrónica, o usuario recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico procedente da dirección [email protected], na que figurará o número de referencia que acreditará que o correspondente tributo está xa pagado. 

Te puede interesar