Ana Pontón critica "o agravio e discriminación" que sofre Ourense por parte de Xunta e Goberno

A voceira do BNG reclamou este venres un trato xusto para a provincia por parte de ambas administracións

O BNG reclama un trato xusto para a provincia ourensá por parte da administración autonómica e central. A voceira nacional, Ana Pontón, referiuse ao "agravio e discriminación" que sofre Ourense por parte da Xunta e do Goberno español. "Do orzamento de 10.000 millóns para o reto demográfico a nivel estatal, nin se menciona a Ourense. O Goberno non ten en conta a realidade, a provincia merece recibir o que lle corresponde", sinalou.

Pontón tamén se referiu ao AVE e recordou que "nin PP nin PSOE" fixeron os deberes "a tempo" para que o tren de alta velocidade sexa unha realidade en Ourense.

Pola súa parte, o portavoz municipal do BNG da cidade, Luís Seara, tamén criticou a "parálise" da cidade e sinalou algúns dos últimos proxectos que "estragaron" o patrimonio histórico, cultural e natural, coma as obras ao carón da Ponte Romana ou a Estación de Buses, "que transformou o centro de saude da Ponte nunha rotonda".

Te puede interesar