ENTREVISTA - ELECCIONES

Ana Vázquez: "Votar a Ciudadanos e Vox en Ourense é tirar o voto"

Ana Vázquez, na sede dos populares ourensanos (XESÚS FARIÑAS).
photo_camera Ana Vázquez, na sede dos populares ourensanos (XESÚS FARIÑAS).

A candidata do PP ao Congreso por Ourense analiza a campaña electoral e presenta as bondades dos populares

Ana Vázquez é a muller candidata ao Congreso por Ourense con maior experiencia. Xa sabe o que é ser elixida para esta misión. Un valor que presenta ao electorado como aval. Nesta campaña, por primera vez, estréase como cabeza de lista do Partido Popular, o que a achega a Madrid unha vez máis. Remata unha campaña intensa onde o seu discurso tratou de presentar as bondades dos populares, poñer en evidencia os erros dos socialistas e facer un chamamento ao voto útil do centrodereita para que elixa ao PP como destino.

Recta final dunha campaña intensa. No é a primeira que vive, houbo novidades?

É unha campaña que afrontei con moita ilusión e con responsabilidade. É a primera vez que vou como cabeza de lista e iso a fai diferente. Polo demais, hai moitas similitudes con outras campañas anteriores. Levamos un equipo forte, un PP de Ourense con máis de 20.000 afiliados. É o partido máis forte da provincia. En cada rincón de Ourense temos un equipo traballando. E eles son os principais protagonistas, os que gañan as eleccións.

Mítines, actos, paseos informativos... que lle trasladou a sociedade?

Percibo que a xente rexeita as políticas de Pedro Sánchez. O que vexo é que ata os propios socialistas non queren a Sánchez. En cambio, pode ter sorte. En Ourense o voto a Ciudadanos e Vox pode regalarlle un diputado aos socialistas. Por iso estamos intentando lograr que a xente vote unida, que comprendan que solo teñen dous alternativas: ou máis Pedro Sánchez ou o cambio con Pablo Casado. Ese é o escenario. Os que queran botar a Sánchez teñen que votar ao PP.

Tan negativos ve os meses de Goberno de Pedro Sánchez?

En sete meses incrementouse o paro en 126.000 personas, o PIB baixu ata o 2,1%... Nestes momentos estamos repetindo as políticas de Zapatero. E o negan. Ademáis do despilfarro, da intención de que paguemos polas autovías. So queren manter o seu benestar, o benestar do Estado non lles importa. Sánchez so visitou Ourense nesta campaña. O único que sabe da cidade é que a auga está quente. Parou obras do AVE, a circunvalación norte, as obras da biblioteca... A cada ourensano quitoulle 65 euros para pagar aos independentistas cataláns. Os orzamentos que presentou quitábanlle un 30% de investimentos a Ourense. Si fixo isto en sete meses, non quero imaxinar que pasaría en catro anos.

Cales son as propostas concretas que leva o seu partido para Ourense?

A min preocúpame que o resto de partidos non leven un programa específico para Ourense. Pablo Casado, no seu programa nacional, leva a consolidación de Ourense como provincia termal europea. O que vai no Falcon aínda descubriu agora que temos augas quentes. Nós levamos ademais o reto demográfico e máis de 50 medidas dirixidas ao rural, con axudas e baixada de impostos. Por primeira vez o medio rural  vaise sentar no Consello de Ministros. E queremos crear máis emprego. Dende que chegou Rajoy ata que se foi, o número de parados en Ourense baixou en 8.800 personas.

Medidas nacionais con efectos provinciais?

Se lle vai ben a España, iralle ben a Galicia e a Ourense. O Partido Popular xa levantou dúas veces este país tras dous gobernos socialistas. Unha terceira vez vai ser máis difícil. Hai unha crise económica e Sánchez a está negando.

Cal é a principal diferencia do PP en comparación co resto de forzas de centrodereita?

Os candidatos do Partido Popular somos de Ourense, temos pasión por esta terra e a defenderemos. Nós presentamos a xente de Bande, de Cartelle, de Arnoia, de Ourense capital... Somos de aquí, daremos a cara gañemos ou perdamos. Vivo aquí e aquí quedarei. No resto de partidos, marcharán. 

Cre nas enquisas? Hai moito que dicir todavía?

En Galicia, a mellor enquisa son as urnas. Non sei por que, pero os galegos enganamos ás enquisas. E paréceme ben, porque somos moi listos como para ir pregonando a quen vamos votar. Mira, o outro día chamaron a miña nai para preguntarlle a quen ía votar. E non o dixo. Se non o di a miña nai... Non hai que ir pregonando a quen votarás. Chamo aos indecisos para que vexan a utilidade do seu voto. En Ourense, votar a Ciudadanos ou Vox é tirar o voto. É darlle un deputado aos socialistas.

Te puede interesar