La Región

ENTREVISTA - VIDA

Andrés Pombo e o Ourense descoñecido

Andrés Pombo mestura lendas con certo toque de imaxinación para mergullarnos nas profundidades dun Ourense descoñecido con "O segredo das Burgas". 

 

Andrés Pombo (XESÚS FARIÑAS).
Andrés Pombo (XESÚS FARIÑAS).
Andrés Pombo e o Ourense descoñecido

Dende cativo, Andrés Pombo escoitaba os contos que o seu avó lle contaba cada día. Algunhas veces, incluso lle creaba as súa propia historia a partir dunha personaxe e unha idea. Con ese pouso, non era difícil pensar que un día collería lapis e papel, e como nunha apócema, mesturar lendas con certo toque de imaxinación para mergullarnos nas profundidades dun Ourense descoñecido con "O segredo das Burgas". 

“O segredo das Burgas" é o seu primeiro libro, que o lanzou a escribilo?Ourense. 06/06/2019. Portada del Vida a Andr..s Pombo en las Burgas..Foto: Xes..s Fari..as

Levo intentándoo dende que rematei a escola, sen éxito. Agora decátome de que era demasiado novo, aínda tiña moito que aprender. Deixeino durante catro anos para cursar maxisterio e tamén para ordenar os meus pensamentos. Resultou ser unha das mellores decisións da miña vida, porque na universidade coñecín a dous profesores que me axudaron a retomar a escritura. Cando rematei, decidín intentalo de novo, pero esta vez tiña más coñecementos, máis práctica e estaba mellor preparado.

En que se inspirou? 

A idea orixinal foi cambiando segundo descubría nova información sobre Ourense, e algúns eventos do mundo real tamén influíron no argumento. Por exemplo, os incendios de 2017 foron a inspiración para un dos antagonistas do libro.

Por que de lendas? 

Dende cativo sentín paixón pola mitoloxía, pero non lembro cal foi o detonante. Se cadra, a terrorífica experiencia de descubrir o Saturno devorando un fillo de Goya a unha idade demasiado nova. O trauma deu paso á curiosidade, comecei a ler sobre o tema, una cosa levou a outra... e aquí estamos.

E cales son esas lendas das que fala?  

Sobre todo, meigas e demos. E os espíritos das augas termais, por suposto. Non podo dar máis información, que non quero revelar ningunha das sorpresas que garda o libro.

A inmensa maioría das lendas das que falo son tradición, se ben é certo que algunhas están un pouco modificadas para darlle máis emoción á historia. É o que se chama “licenza artística”. Non obstante, intentei ser o máis fiel posible ás versións orixinais, e para iso usei o "Dicionario dos Seres Míticos Galegos" como a miña principal fonte de información. Tamén visitei o Centro de Interpretación das Burgas para documentarme sobre a historia das fontes.

Hai elementos do libro que son creación propia. Un deles é o “Ourense das sombras”, aínda que se cadra me inspirei, sen me decatar, no Borrón, un país do outro mundo que aparece nalgunhas lendas galegas.

Que teñen de máxico as Burgas? 

“Tres cousas hai en Ourense, que non as hai en España: o Santo Cristo, a Ponte, e as Burgas fervendo auga.” Dende sempre, as fontes foron unha parte importante da cidade. Os romanos construíron baños ao seu redor e dedicaron altares aos deuses. Máis tarde, os veciños usaban a calor natural do subsolo para coOurense. 06/06/2019. Portada del Vida a Andr..s Pombo en las Burgas..Foto: Xes..s Fari..ascer o pan. Hoxe relaxámonos na piscina termal. As augas das Burgas chegan a nós con miles de anos de historia e tradición ás súas costas, ademais de con 67ºC de temperatura. Son a nosa conexión co pasado, co que fomos e, se cadra, co que podemos chegar a ser. Se iso non é maxia, non sei que é.

Cales son os ingredientes do libro para atrapar ao lector?

Misterio, que sempre engancha. Referencias a lugares coñecidos, para espertar o interese. Acción, mais non tanta que acabe aburrindo aos lectores. Un pouquiño de drama, sen que se converta en traxedia, que o asunto non vai diso. E humor, porque nunca está de máis.

Ambientada en Ourense, a súa cidade natal, é un bo escenario?

Por suposto. Ourense é unha cidade ideal para este tipo de historias porque ten moitos elementos que son pouco coñecidos, e iso sempre axuda a establecer unha atmosfera de misterio e fantasía.

Unha das riquezas de Galicia son as súas lendas, que opina desta tradición?

Sempre me deu mágoa que no tiveran tanta presenza na cultura moderna como, digamos, os mitos gregos ou os exipcios. Creo que é un dos nosos tesouros inmateriais e sería moi triste que desapareceran, así que este libro é a miña forma de axudar a que non sexan esquecidas.   

Entre tantas lendas, seguro que hai algunha que o fascina especialmente...

Que hai un volcán baixo as Burgas e que estoupará calquera día. 

E tras este libro, algún novo proxecto no que ande metido?

Agora estou traballando na segunda parte. Como proxecto a longo prazo, gustaríame escribir e publicar nos tres idiomas que coñezo: galego, castelán e inglés. Xa o conseguín nun, quedan os outros dous.

Un sitio que considera imprescindible coñecer en Ourense como “espazo de lenda"?

As Burgas, porque alí deu comezo todo.