TRIBUNA

Antón Noriega Varela e a Coral De Ruada

O poeta e escritor mindoniense Antón Noriega Varela (Mondoñedo, 1896 - Viveiro, 1947) exercía como mestre de primeira ensinanza na escola de Fondós (Foz) dende 1901 e é en Foz onde traba amistade con Antón Vilar Ponte, que rexentaba unha farmacia nesa vila da Mariña luguesa. Na rebotica de Vilar celebrábase un faladoiro no que tamén participaba Camilo Cela, o pai de Camilo José, que exercía como vista da aduana, e deciden publicar o xornal “¡Guau, Guau!” de marcada liña humorístico-satírica. 

20201110153355840_resultado

Fotografía de Antonio Noriega Varela 

En 1911 foi trasladado a preto de 300 km de distancia, concretamente á vila ourensá de Calvos de Randín, na raia con Portugal. As causas deste traslado disciplinario non están nada claras, aínda que hai quen as atribúe á publicación no xornal antes citado de mordaces poemas presuntamente dirixidos a dirixentes locais ou mesmo a filtracións do tratado nos parladoiros da rebotica de Vilar Ponte. 

Acadou posteriormente, en 1913, a praza da escola de Trasalba (Amoeiro), na que permaneceu ata 1926. É neste novo destino onde coñeceu a Ramón Otero Pedrayo, co que iniciou unha relación de profunda amistade e que lle presentou aos máis importantes persoeiros da cultura ourensá: Xabier Prado “Lameiro”, Vicente Risco (tanto Prado “Lameiro como Vicente Risco formaban parte da primeira Xunta de Goberno do Coro De Ruada), Arturo Noguerol, Antón Losada Diéguez, Marcelo Macías, Eduardo Blanco Amor, Basilio Álvarez… Nese intre estábase a xestar a revista Nós -que emprestou o nome para designar a toda esa xeración de escritores e intelectuais-, da que se celebrou o centenario da aparición do primeiro número o 30 de outubro de 2020. 

Atopábase, polo tanto, Antón Noriega a uns quince quilómetros da capital ourensá no intre en que en Villa Joaquina, na avenida de Zamora, Xabier Prado Rodríguez “Lameiro”, Virxilio Fernández González, Fabriciano Iglesias Abella, Cesáreo Eire Santalla e Xulio Prieto Nespereira poñían os cementos do Coro De Ruada e o mestre Daniel González Rodríguez (procedente do Orfeón de Ourense) dirixía os primeiros ensaios, despois de que o fixeran de xeito provisional o propio Virxilio Fernández e Laureano Rego (director nese intre do Orfeón). 

Aínda que o coro xa dispoñía dunha apreciable cantidade de partituras -tanto de música tradicional como de polifónica- coas que iniciar a súa actividade, para construír un repertorio de música tradicional propio cumpría botar man das fontes e as fontes, neste caso, eran as xentes do pobo, polo que dende o Coro De Ruada tómase a iniciativa de percorrer diversos pobos e vilas da provincia co obxecto de escoitar directamente das súas xentes os alalás, foliadas, pandeiradas, trulladas, cantos de seitura, de malla, de vendima… e tomar os apuntes oportunos -daquela non había medios de gravación- para convertelos nas primeiras pezas do repertorio de De Ruada. Desta misión foron encargados o fundador e gaiteiro Virxilio Fernández e o mestre Daniel González. 

20201110153356040_resultado

A Coral De Ruada en 1919, no entorno do río Loña. Arquivo da Coral De Ruada.

Desta iniciativa fíxose eco o xornal ourensán La Región, que, na súa edición do mércores 19 de novembro de 1919, lle dedica unhas liñas. 

Polo tanto, Antón Noriega Varela foi un dos primeiros ilustres colaboradores co Coro de Ruada nos seus inicios. Dáse a curiosa circunstancia de que o egrexio poeta mindoniense gañara, en 1895, o premio de poesía convocado en Mondoñedo con gallo das Feiras de San Lucas cun poema titulado De Ruada (o xurado estaba presidido por Manuel Murguía e figuraba como vocal, entre outros, Eduardo Pondal).

La noticia publicada en La Región: el coro gallego “De ruada"
Coincidiendo con los acuerdos tomados por esta simpática agrupación de realizar varias excursiones con el objeto de recoger cantos gallegos en los mismos puntos de origen, y así aumentar la ya numerosa colección que de ellos muy escogidos ya poseen, salieron el lunes de madrugada, su director D. Daniel González y el gaitero D. Virgilio Fernández, a recorrer varios pueblos del Ayuntamiento de Amoeiro, siendo su primera visita a los pueblos de Trasalva (sic) y Parada. En el primero fueron admirablemente atendidos por el culto profesor de primera enseñanza y notable poeta D. Antonio Noriega Varela y con él al frente, pudieron muy bien recoger hasta catorce cantos distintos, figurando entre ellos el renombrado y clásico Alalá d’os Chaos d’Amoeiro tal cual es y no como se canta por aquí completamente viciado. Pudieron conseguir también unas preciosas "espadeladas", canto muy típico que usan nuestras campesinas cuando espadela el lino, canto muy típico que hasta la fecha ningún coro gallego cultivó. Todos estos cantos y otros más que coleccionarán, nos los dará a conocer el coro De Ruada en próximos festivales, en los cuales se estrenarán varias obras teatrales gallegas, alguno de los que ha de llamar grandemente la atención por su originalidad, porque toma parte todo el coro y durante el festival desarrolla casi todo su programa. En estos festivales, otros números se presentarán al público, todos tomados de las costumbres de nuestros paisanos. A esta primera excursión, seguirá dentro de unos días otra a distintos pueblos del mismo Ayuntamiento y continuarán con ellas a Cea, Carballino (sic), Bande, Verín y otros más puntos de la provincia, con los cuales enriquecerán su colección de cantos de manera considerable y así lograrán muy bien su propósito de extender por Galicia la música gallega de nuestra provincia, que hasta la fecha está sin conocer. No dudamos que a trabajar en esa forma el coro "De Ruada" pronto no tendrá otro que le iguale, y ojalá se confirmen nuestros deseos. 
La Región, 19 de novembro de 1919.

Te puede interesar