O alaricano tomou posesión como delegado de Cultura

Antonio Blanco: ‘O patrimonio nunca se debe ter como un problema senon como unha potencialidade’

O alaricano Antonio Blanco Rodríguez (57 años) tomou onte posesión do seu novo posto como delegado provincial da Consellería de Cultura. Blanco aspira a rematar a lexislatura pechando os proxectos do seu predecesor, Carlos Sierra.
O nomeamento de Xosé Carlos Sierra como secretario xeral do departamento que dirixe Ánxela Bugallo recuperou a figura política do alaricano Antonio Blanco, quen presidirá a Delegación da Consellería de Cultura e Deporte.

A catro meses vista das eleccións autonómicas, ¿considera que está de paso?

Si, totalmente. O horizonte son as eleccións onde o partido ó que pertenzo aspira a sacarlle rentabilidade ó traballo feito nesta lexislatura. Pero quen ten a última palabra é o cidadán.

No caso de que se dera a posibilidade, ¿gustaríalle seguir?

Eu, como xa ocurrira cando deixei a Corporación de Allariz, estou a disposición do grupo no que milito dende fai anos.

¿Cales son os seus obxetivos de cara ós próximos meses?

Son consciente de que estamos ó final de lexislatura, iste e un periodo de transición polo que temos que ter unha política continuista. Non pretendo abrir grandes expectativas porque non habería tempo para executalas, aínda que tampouco penso que fosen necesarias. O primordial é rematar aquelo que estaba en marcha ou pendente de executarse nestes meses.

¿Cal cre que será ó impacto na cidade despois da declaración do BIC das Burgas?

A semana que ven empezarei con moita ilusión a analizar polo miudo a situación, porque creouse moita expectación e afecta a unha área moi sensible da cidade, posiblemente ós seus oríxenes. Haberá que ver cal é a mellor saída en beneficio da cidade, tendo en conta as necesidades e o tipo de ocupación que hai nestes intres na zona.

¿Que posibilidades ten o termalismo no entorno cultural de Ourense?

Os técnicos están traballando nelo. O que é evidente é que trátase dun recurso de primeira magnitude e, o patrimonio nunca se debe ter como un problema senón como unha potencialidade, algo que hai que pór en valor e rentabilizalo. ¿Como ve o patrimonio cultural da provincia? Eu creo que se ten feito un bo traballo tanto de inventariado; o primeiro que fai falta para conservar e promover algo é saber que existe, como nas medidas de protección.

Hai elementos do noso patrimonio, coma a Catedral de San Martiño ou As Ermidas que presentan deficiencias, ¿hai unha aposta decidida por elas?

Estamos a falar duns bens de primeira magnitude, polo que haberá non só que tomar medi das senón preservalas de xeito especial. É tan fundamental recuperalo como mantelo, porque para que algo poida ser valorado e potenciado ten que estar en boas condicións físicas.

¿A recuperación feita en Allariz é exportable?

Eu aspiro a que si, salvando os problemas de escala, evidentemente. Aquí tiñamos un casco vello en ruinas e hoxe máis dun 85% está recuperado e cheo de vida, e iso é o importante.

¿Cal é o segredo?

A forza dos feitos e tamén saber recoñecer cando nos equivocamos para poder tomar medidas e buscar novas solucións. Nas máis das veces, un acaba atopando o sentido correcto, e iso é o que os veciños perciben. En Allariz, chegou a existir unha simbiosis entre o equipo de goberno e a maioría dos veciños. Remando todos nas mesma dirección e isa é a clave.

Os roubos nas igrexas empezan a verse como algo habitual, ¿existe unha rede detrás?

Hai anticuarios moi serios, responsables e que fan ben o seu traballo, pero algúns ‘de pacotilla’ están a crear redes. Evidentemente, senón existiran os intermediarios non habería roubos. Por outro lado, en xeral, as medidas de protección dalgunhas igrexas, sobre todo no rural, son bastante deficentes. Iso é algo que quero tratar en breve cos responsables eclesiásticos.

Te puede interesar