Fundador de Anpian

Antonio Piña: ‘Empezamos con vehículos de gasógeno’

Antonio Piña. (Foto: Xesús Fariñas)
Ó longo de 50 anos, Antonio Piña viviu moitos cambios no transporte. Hoxe preocúpalle a falta de viaxeiros.
Nado o 26 de xuño de 1923 (onte cumplía 85 anos) en A Notaría, a súa condición de home dunha zoa fronteiriza e moi ben relacionado tanto coa xente de Ourense como coa de Portugal foron claves coas que traballou Antonio Piña ó longo de 50 anos no sector do transporte, un periodo no que houbo moitas transformacións.

¿Que supón para vostede unha homenaxe como esta? É unha satisfacción, estou moi contento.

¿Como empezou neste sector? Foi por casualidades da vida. Non me gustaba nin o tiña pensado, pero entrei. Foi por un amigo meu portugués, aínda que non eramos transportistas ningún dos dous. Pero había una empresa que non iba moi ben, e quixémoslle facer un favor e entramos nós.

Os primeiros tempos serían complicados.

Si, foron moi difíciles, porque non había nada. Nin sequera había gasolina ou gasóleo, os vehículos ían con gasógeno. E os camiños eran de terra. Empeza mos coa liña entre Ponte Barxas e Filgueira, de 21 kilómetros. Despois fóronse comprando empresas e pouco a pouco fomos tirando para adiante.

¿Que servicios prestan actualmente? Actualmente facemos servicios en 33 concellos da provincia e tamén hasta A Cañiza, ademais dos servicios internacionais.

¿Como está o sector na actualidade? Sempre vamos a mellor e a peor. Cada vez hai menos viaxeiros, nos pobos queda pouca xente e usan os turismos. ¿Como se adaptan ás novas situacións que plantexa o mercado? Pois antes adaptabamos o pantalón a perna, pero agora é ó reves: temos que adaptar a perna ó pantalón. Cada vez estamos facendo menos servicios regulares, aínda que intentamos facer máis discrecionais.

Te puede interesar