olimpiadas rurais

Ao rico arroz con leite!

OURENSE (Esgos) 23/08/2018.Festas do emigrante .Iago Cortón
photo_camera Non faltou a música durante toda a xornada.

Este sábado darán comezo as olimpiadas rurais, nas que veciños e visitantes poderán participar no torneo de tiro de sacho ou de Carretillos

Como cada mes de agosto, o concello de Esgos acolleu a numerosos invitados na súa "Festa do Emigrante", unha xornada que tradicionalmente estivo adicada a todos aqueles que tiveron que marchar da terriña na búsqueda dun futuro mellor. Hoxe en día, a celebración prosigue a ser un punto de encontro entre locais e familiares que xa non viven na vila. 

A tarde de onte estivo protagonizada polo arroz con leite, que cada edición fai as delicias dos asistentes. No menú tampouco faltou o tradicional polbo. Maiores e pequenos non deixaron nada no prato, mentres a charanga Terra de Trives se ocupou da banda sonora da paparota. 

A localidade prosigue hoxe coas festas na honra de San Vítores, que rematarán o luns da vindeira semana. Hoxe haberá actividades de diverso tipo para os máis pequenos, dende un mural público ata un partido de fútbol. Pola noite, os máis maiores poderán bailar ao son de The Tetas' Van e Mitt del Blue, que actúan dentro da programación do festival de rock "Home do Unto". A cita musical dará comezo ás 00,00 horas. Na xornada de mañá, as Olimpíadas Rurais serán as protagonistas. Dende as 19,00 horas, veciños e visitantes están convidados a participar en torneos deportivos como o de tiro de sacho ou o de carretillos. Ademais, a orquestra Galilea amenizará a verbena nocturna das festas.

Te puede interesar